Autor/a: Carlos Vila Sexto
ISBN: 978-84-8349-546-9
№ páxinas: 352
Tamaño real: 14 × 20,5 cm. Rústica con lapelas
PVP: 14,95 €
Colección As crónicas do viaxante
Un cadáver.
Iso é o primeiro que ve Miguel cando esperta sen memoria no compartimento dun tren que bordea o mar Cantábrico, resistindo as ondadas do furacán Hortensia.
O seu primeiro impulso é fuxir da escena do crime, pero cando comprende que alguén o incriminou no asasinato, non lle queda outra que permanecer a bordo e intentar aclarar o misterio, sen poder baixar dun tren no que todos o perseguen e non ten moito onde se agochar.
Só ten unhas horas antes de chegar ao destino.
Pero pode que non sexan suficientes para asimilar a verdade que está a piques de descubrir.
Porque esta non é unha viaxe normal.
Non é, non… Isto é algo máis.
Pensas que o sabes todo sobre as historias de misterio?
Volve pensar.
Comparte:
Buscador