Autor/a: Carlos Vila Sexto
Ilustrador/a: Laura Catalán
ISBN: 978-84-8349-731-9
№ páxinas: 128
Tamaño real: 19,5 x 13 cm. Rústica
PVP: 10,20 €
Colección Tucán verde
Víctor odia as pantasmas e, con razón, pois desde que naceu unha pantasma estivo a facerlle a vida imposible. Na casa ninguén o cre e xa non lle fan caso cando di que foi a pantasma a que fixo algunha falcatruada e non el. Pero un día todo empeora e as cousas comezan a poñerse ben feas porque si, así que Víctor decide pasar ao ataque. Atopa en Internet un plan para acabar coa pantasma e intenta executalo. Só ten que conseguir un gato, xa que a pantasma da súa casa é alérxica a este animal. Dá co gato máis feo do barrio, ao que lle pon o nome de Ectoplasma, e, mediante enganos,consegue atraelo ata a casa; así e todo, a guerra entre el e a pantasma non fixo máis que empezar.
Comparte:
Buscador