Grupo Edebé
Home / Publicaciones Generales / Galego - Rodeira

Literatura

Lista de autores

Laura Garzón

Laura Garzón Córdoba é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Desenvolveu a súa carreira publicitaria como redactora e directora creativa en diversas axencias multinacionais. Actualmente dirixe a súa propia empresa de servizos de comunicación, labor que compaxina co seu traballo como escritora.

Comezou a súa andaina literaria na revista da movida madrileña La Luna. Despois, publicou varios contos infantís como Un caracol dorado e La chicharra gritona. En 2015 gañou o Premio Internacional de Narrativa Marta de Mont Marçal, con Promesas de arena, a súa primeira novela. Trátase unha historia de amor que rompe cos estereotipos románticos para lle dar prioridade ao «empoderamento» feminino e á solidariedade no turbulento escenario do conflito palestino. A novela vai ser adaptada como serie e será emitida por RTVE na tempada 2018-2019.



Comparte


Buscador