Grupo Edebé
Home / Publicaciones Generales / Galego - Rodeira

Literatura

Lista de autores

Xavier Frías Conde

Xavier Frías Conde é o autor de A VACA MARUXA ESQUÍA EN VALBABUXA (Tucán Azul). Nacido en Salamanca, a meirande parte da súa obra está escrita en galego, que é a súa lingua familiar materna. Traballa como profesor de galego e portugués na UNED e actualmente reside a cabalo entre España e a República Checa. Encántanlle os idiomas. De feito, fala máis de dez. Úsaos para se comunicar con moita xente pero tamén para traducir. Escribe sobre todo para nenos e mozos. Ademais dos libros en galego, tamén publicou en castelán, italiano, asturiano, catalán, sardo, inglés, portugués etc. 


Website

Comparte


Buscador