Naceu en Vilalba (Lugo) no 1947 e morreu en Vigo (Pontevedra) no 2016. Ademais de perito industrial, é mestre e licenciado en Ciencias da Educación. Por máis de tres décadas traballou como docente no ensino primario e no secundario e, a partir do ano 2008, dedicouse exclusivamente á escritura. É autor de numerosos títulos dirixidos, preferentemente, a lectores infantís e xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas. Ademais de premios tan importantes coma o Lazarillo ou o Nacional de Literatura, tamén obtivo o Premio EDEBÉ, tanto na súa Modalidade Xuvenil coma na súa Modalidade Infantil. No ano 2011, foi seleccionado como candidato español ao prestixioso Premio Andersen.
Buscador