Elia Barceló (Alacant, 1957) estudou Filoloxía Hispánica e Angloxermánica. Vive en Innsbruck (Austria), en cuxa universidade impartiu clases de literatura española e composición durante anos. Así mesmo, combinou este traballo cunha temperá vocación literaria. É autora de novelas para adultos e mozos con grande éxito. Os seus libros foron traducidos a máis de dezanove linguas diferentes. Entre as súas novelas destacan O caso do artista cruel e Cordelúa, que foron galardoadas co Premio Edebé de Literatura Xuvenil. Nesta mesma editorial tamén publicou La Roca de Is e Por ti daré mi vida entre outras.
Buscador