Naceu en Barcelona en 1947. Empezou a escribir con oito anos e con doce decidiu que a súa vocación era ser novelista. Emporiso, seducido pola música, comezou a súa andaina profesional como fundador ou director dalgunhas das revistas máis influentes en España. Cultivou todos os xéneros e escribiu máis de 400 libros, con case doce millóns de exemplares vendidos. Conseguiu os máis prestixiosos galardóns literarios a ambos os lados do Atlántico, entre eles o Premio Edebé
Infantil en 1994 e o Xuvenil no 2006. Premio Nacional de Literatura no 2007, foi tamén candidato ao Nobel Xuvenil por dúas veces, o Premio Andersen. Viaxeiro incansable, no 2004 creou a Fundació Jordi Sierra i Fabra en Barcelona e a Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra en Medellín (Colombia). O seu labor foi recoñecido tamén hai pouco coa Medalla de Honor de Barcelona.
Autor/a: Jordi Sierra i Fabra
Ilustrador/a: Francisco Ruizge
VerBuscador