Maite Carranza, nacida en Barcelona en 1958, estudou a carreira de Antropoloxía. Antes de dedicarse plenamente á escritura de novelas e de guións, foi profesora nun Instituto de Ensino Secundario. Publicou máis de corenta títulos, recibiu importantes premios literarios e alcanzou un notorio recoñecemento. Maite Carranza está considerada como unha das escritoras actuais máis prestixiosas do país no ámbito da literatura xuvenil. Actualmente compaxina a creación literaria coa tarefa de guionista e coa docencia universitaria.
Buscador