Xabier López López naceu en Bergondo (Galicia) en 1974. Formado no asociacionismo cultural de base, comezou a publicar a mediados dos anos 90 na revista A Xanela, editada pola Asociación Cultural Eira Vella, de Betanzos, da que foi presidente durante varios anos. A súa obra abarca de igual xeito a narrativa para adultos como a xuvenil, sen desatender algunhas propostas para os primeiros lectores. Premiado con diversos galardóns, entre eles o Premio Risco de Literatura Fantástica ou o Premio da Crítica Española, a súa obra, orixinalmente escrita en lingua galega, atópase en parte traducida a outras linguas como o castelán ou o portugués. Con Rodeira tamén publicou nesta mesma colección A vella quenlla perde os dentes.
Buscador