Xoán Babarro naceu en Calvelo de Maceda (Ourense). De neno asistiu a dúas escolas, a de cantar a táboa de multiplicar e a de cantar coas ras e cos grilos. Así aprendeu a ler nos libros e nas cores do campo. De maior fíxose profesor e pensou que as dúas escolas poderían fundirse nunha soa. E empezou a escribir historias. Foi galardoado co premio “O Barco de Vapor” en 1985 e 1989, e desde aquela non deixou de publicar. Ten obras traducidas ao castelán, catalán, chinés, coreano, grego e portugués.
Buscador